Cartel gañador do Concurso de Carteis de Entroido 2019 de Bueu

O Concello de Bueu xa ten cartel de Entroido, despois de elixir gañador o deseño do moañés Roque Soage Santaclara, “pola súa composición, calidade técnica e impacto visual”, segundo destacou o xurado composto polo deseñador gráfico Juan Barcia Ferrer, a gañadora do pasado ano, Beatriz Sieiro Caramés, e actuando como secretario o funcionario municipal José Francisco Budiño Pereira.

O cartel ofrece unha nova visión do personaxe do Paxaro de Mal Agoiro e incorpora elementos icónicos do Concello, como a Cruz de Ermelo ou o faro da Illa de Ons.

O gañador, que foi elixido entre un total de trinta carteis presentados, farase cun premio dotado con 300 euros e será a imaxe elixida para ilustrar a campaña de publicidade do Entroido de Bueu deste ano.

Comparte!!!

Relacionados