Sanxenxo abre o prazo para inscrición nas escolas municipais de O Tombo e O Revel

Para o curso 2019-20 o prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva como de novo ingreso, é do 4 ao 26 de abril de 2019 (ambos incluídos).

Os modelos de solicitude serán facilitas nas propias Escolas Infantís e no rexistro do Concello de Sanxenxo. Tamén poderán descargarse na páxina web do Concello http://www.sanxenxo.es

Únicamente se poderán presentar solicitudes fóra do prazo establecido, nos seguintes casos:

  • Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
  • Cambio de concello de residencia da unidade familiar.
  • Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentaranse no rexistro xeral (Casa do Concello, Avida. Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) ou na sede electrónica (www.sanxenxo.es) do Concello de Sanxenxo

Para a presentación das solicitudes a través da sede electrónica será precisa a identificación previa a través dos seguintes medios:

  • Certificado electrónico
  • Clave de usuario e contrasinal (deberá solicitarse presencialmente no rexistro xeral do Concello)

Logo da publicación das listaxes definitivas de nenos/as admitidos/as, non admitidos/as e de agarda, establécese o prazo que vai entre o 2 e o 15 de xullo de 2019 (ambos inclusive) para a aceptación de praza.

ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE SANXENXO

O Concello de Sanxenxo conta con 2 Escolas Infantís Municipais (EIM),  O Tombo e O Revel

As EIM anos teñen como obxectivo estimular o desenvolvemento global das capacidades intelectuais, afectivas, de expresión e comunicación dos/as nenos/as con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos en estreita colaboración coas familias, mediante actividades educativas e lúdicas de acordo co seu nivel madurativo, para adquirir progresivamente maiores niveis de autonomía e independencia dos adultos.

INSTALACIÓNS

EIM O Tombo1 aula de 0-1 anos

1 aula de 1-2 anos

1 aula de 2-3 anos

Patio de xogos exterior común

Patio de xogos cuberto común

Sala multiusos e zona de comedor multiusos

Cociña con servizo de comedor propio

Zona de administración e dirección

EIM O Revel2 aulas de 0-1 anos con patio de xogos exterior

2 aulas de 1-2 anos con patio de xogos exterior

2 aulas de 2-3 anos con patio de xogos exterior

Patio de xogos cuberto común

Sala multiusos e zona de comedor multiusos

Cociña con servizo de comedor propio

Zona de administración e dirección

Comparte!!!

Relacionados