Visitando o Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO). Soutelo de Montes

Foto: Museos de Galicia

Atópase na Rúa do Pouso en Soutelo de Montes.

Nel poderemos ver unha ampla exposición de elementos e pezas da cultura tradicional galega, que abarca desde finais do século XIX ata máis ou menos os anos 70 do século XX.

A exposición vainos  adentrando na vida cotiá a través dos diferentes elementos distintivos etnográficos da comarca como poden ser a gandería, a agricultura e oficios propios.

Atoparémonos que o Centro está situado nunha vivenda que nela mesma, é un exemplo da arquitectura de Terras de Montes.

Na primeira planta poderemos visitar as salas expositivas, na segunda planta, a biblioteca e outras catro salas máis.

Foto: Museos de Galicia

Nas diferentes estancias poderemos visualizar diferentes contidos que fan referencia á vida cotiá en Terra de Montes, como poden ser estancias dunha vivenda tradicional, dormitorio, cociña, oficios  tradicionalmente1 masculinos como os de carpinteiros, canteiros, ferro, cera. Espazos dos pequenos nas casas, a escola… Do mesmo xeito que oficios tradicionalmente1 femininos vinculados á casa e ao fogar .

(1) Tradicionalmente no senso da cultura tradicional da época

Comparte!!!

Relacionados