Presentacion do Cartel da 56ª Feira do Viño do Ribeiro. Ribadavia

Foto: Feira do Ribeiro

O xurado do Concurso de Carteis da 56ª Feira do Viño do Ribeiro reuniuse hoxe, 21 de febreiro, na sede do Consello Regulador do Ribeiro, en Ribadavia, para elixir o cartel que representará a Feira do Viño do Ribeiro 2019, que terá lugar na vila ribadaviense do 3 ao 5 de maio.

O cartel gañador está deseñado por Laura Pastor Lorente, de Madrid, e foi elixido entre 186 propostas presentadas nesta edición do concurso.  Ela é diplomada en Deseño gráfico e é ilustradora de varios contos infantís. Leva gañados infinidade de premios en concursos carteis para festivais, certame de curtas, festas de diversa índole. En referencia da idea do cartel, a súa autora comenta que “trataba de facer que se fundan as cepas da D.O. Ribeiro cos consumidores do seu viño, queda claro mirando como se funde o pelo da rapaza no tronco da vide mentres degusta pracenteiramente un viño”.

Para a elección do seu cartel anunciador, o Concurso de Carteis da 56ª Feira do Viño do Ribeiro contou cun xurado multidisciplinar integrado por profesionais no ámbito das artes, comunicación e deseño gráfico. Ao longo da xornada de deliberación das 186 obras participantes foron sometidas ao xuízo destes profesionais, resultando a obra gañadora premiada con 1.000€.

Participaron como membros do xurado:

  • Luis Vázquez, xerente do C.R.D.O. Ribeiro.
  • María Touza, concelleira de Cultura do Concello de Ribadavia.
  • Francisco Javier Pérez, de AGAFE (Asociación Gallega de Ferias y Eventos).
  • Daniel Martí, profesor no grao de Publicidade e Relacións Públicas da UVigo.
  • Francisco Sánchez, deseñador gráfico freelance.
  • Jaime Díaz, de Incubarte, creatividad multicanal.
  • Rosiña Rojo, de Brétemas Estudio.

Fonte: Feira do Ribeiro

Comparte!!!

Relacionados