Con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, a Concellería da Muller e Igualdade, do Concello de Ribadavia, celebra un ano máis o concurso de fotografía en colaboración cos Establecementos Asociados do Ribeiro e a Asociación de Fotógrafos do Ribeiro.
A temática está relacionada coas mulleres do Ribeiro no eido laboral. A finalidade non é outra que outorgarlle o papel que desenvolven as mulleres nos diferentes ámbitos, darlle visibilidade e o lugar que merecen.