Pontevedra racha o récord de participación española nunha competición internacional

A participación de deportistas españois no mundial Multisport de tríatlon rondará as 800 persoas, cifra récord nas grandes competicións continentais ou mundiais disputadas ata o momento, ao que axuda a magnitude do evento que se celebrará entre o 27 de abril e o 4 de maio na cidade. Poñeránse en xogo os títulos de dúatlon, aquatlon tríatlon cross, tríatlon longa distancia e aquabike, coa presenza dos mellores especialistas de cada disciplina e distancia. Está ademáis asegurada a presenza de participantes procedentes dos cinco continentes para competir en Pontevedra.

O número de españois supera ao rexistrado en citas anteriores europeas ou mundiais disputadas na propia cidade de Pontevedra, en Xixón, Vitoria, Avilés, Ibiza, Extremadura, Alcobendas ou Soria. A confianza das federacións internacional e europea na Federación Española fixo que recentemente fose galardonada como mellor federación europea, polo que no estado español dispútanse competicións do máis alto nivel. O último foi o europeo Multisport celebrado en outubro en Ibiza.

O 27 de abril será o primeiro gran día de competición co mundial de dúatlon; sprint pola mañá e standard pola tarde, tras concentralas para evitar grandes competicións o día das eleccións xerais. O 30 de abril será o triatlón cross e o 2 de maio o acuatlon. O evento pecharase o 4 de maio co tríatlon longa distancia e unha grande festa de despedida a os e ás deportistas participantes e a todo o voluntariado que colaborará na proba, máis de 300 persoas vencelladas á Oficina de Voluntariado de Pontevedra.

Comparte!!!

Relacionados