Foto©Porgaliciabaixo
A escasamente tres kilómetros do centro da capital de Ourense, encóntrase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé.
Concorren nel, os valores históricos característicos dun complexo xacemento arqueológico, cos naturais derivados dunha contorna na que se conserva unha peculiar vexetación, con suxerentes vistas do val no que se atopa a cidade de Ourense, convertendo este espazo nun lugar de encontro entre a natureza e o noso pasado, merecente de ser coñecido, valorado e conservado.
Desde o punto de vista arqueolóxico, ademais dun castro cos característicos elementos defensivos, entre os que destaca o propio río Loña, atópase un asentamento galaico – romano na chaira, escavado en gran parte, no que se pode observar como conviven en perfecta simbiose os modos e formas romanas coas tradicións anteriores, creando modelos habitacionais que van pervivir longamente na Galicia rural.

A comunidade vexetal encóntrase presidida pola sobreira, adaptada á influencia climática mediterránea na zona, e o Carballo, con outras especies como a aciñeira, más abundante na parte baixa da ladeira, o piñeiro manso, ou o érvedo, que da nome ó lugar coñecido desde antigo co topónimo do Erbedal.