A proxima semana comeza a divulgación do dispositivo de mobilidade polo Multisport de tríatlon

O Concello de Pontevedra iniciará a próxima semana os traballos de comunicación e divulgación dos operativos de mobilidade e de seguridade que se farán pola celebración dos campionatos do mundo Pontevedra Mutisport 2019 de tríatlon do 27 de abril ao 4 de maio. A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle explicaron esta mañá o traballo que se está a facer por parte do equipo que integra departamentos municipais como a Policía, Deportes, servizos…, ou as federacións, para que reducir ao mínimo as afectacións tanto para os deportistas como para a cidade, e lograr que toda Pontevedra e toda Galiza goce desta destacada proba deportiva.

Os trazados xa están definidos dende hai uns meses, logo de ter incorporado as leccións extraídas do test celebrado na competición do pasado mes de agosto, e corrixido os erros rexistrados daquela.

A comunicación e divulgación das probas e as súas incidencias faranse por unha dobre vía: haberá unha información destinada á cidade en xeral que se transmitirá a través dos medios de comunicación e tamén co buzoneo das zonas de percorrido; e información particular con visitas persoalizadas a persoas, vivendas e empresas que se vexan afectadas por algún dos percorridos. Este traballo poderá comezar a vindeira semana.

Tamén se porá en marcha un teléfono de comunicación e de consulta para que se comunique calquera incidencia.

Están contabilizados arredor de 2,1 quilómetros de valados; 1.309 sinais; 738 persoas controlarán os puntos de corte dos percorridos; e 37 persoas integran os equipos sanitarios e de ambulancias.

Tamén se habilitarán catro canais para pór en comunicación todos os servizos; e un servizo de rescate no río con embarcacións, socorristas, piragüas… Comunicarase particularmente aos concellos afectados polas probas, e a través da Fegamp ao resto de concellos de Galiza.

Eleccións xerais

A concelleira de seguridade, Carme da Silva, explicou que o adelanto electoral influirá no desenvolvemento das probas establecidas para o día 28 de abril (Duatlon). “Dudamos de que se poida celebrar a proba do 28 xunto ao desenvolvemento do proceso electoral, tanto polos peches dos pecorridos como polo persoal de seguridade adscrito ás mesas electorais, que sería o mesmo que estaría garantido a seguridade nas probas deportivas”, explicou a concelleira.

Nos vindeiros días haberá un encontro coas federacións internacional e española para modificar a programación das probas. “Temos alternativas traballadas, pero temos que falar primeiro coas federacións”, aseguraba Carme da Silva, quen felicitou o traballo do grupo da Policía Local que está ao fronte deste complexo e municioso dispositivo.

O intendente principal da Policía Local destacou o “esforzo por tratar de harmonizar o interese da proba coa mobilidade das persoas que viven nas zonas afectadas”, de feito explicou, a modo de exemplo, que varios núcleos da N-550 quedan “sen poder moverse”, polo que se habilitará un carril de circulación segregado por un valado para dar servizo a esa parte do concello.

+INFO CLICK AQUÍ

Comparte!!!

Relacionados