Conferencia: “A Lagoa de Antela. Unha historia en común: A Lagoa de Antela e a Limia Alta”. Ourense

Día 26, martes, ás 20:00 horas: Conferencia: “A Lagoa de Antela. Unha historia en común: A Lagoa de Antela e a Limia Alta” por Don Víctor Javier Pérez Baltar. Ateneo de Ourense

Víctor Javier Pérez Baltar. Catedrático xubilado de ensino secundario. Médico. Profesor na Limia durante 29 anos. Poñente en multitude de cursos e autor de artigos en varias revistas científicas. Premio de innovación educativa da Xunta de Galicia.

O ponente fará unha breve revisión do pasado (xeolóxico e histórico) da Limia Alta así como un percorrido polos intentos de desecar a Lagoa de Antela. Situación actual a consecuencia das actuacións antrópicas levadas a cabo e o futuro previsible para a comarca da Limia.

Presentador:

Don Tomás García García.Catedrático xubilado de ensino secundario, e cunha experiencia de máis de 30 anos traballando nos Institutos de Xinzo. Divulgador do medio natural da Limia.

Comparte!!!

Relacionados