A Casa dos Poetas acolleu a presentación do libro ‘Piratas da liberdade’. Celanova

A Casa dos Poetas acolleu unha nova publicación que xira arredor do episodio histórico do secuestro político do buque Santa María, no que viaxaron cara Venezuela tantos e tantos emigrantes galegos, que tivo lugar no ano 1961 e que contou coa participación principal do celanovés Xosé Velo Mosquera.

 A publicación titúlase “Piratas da liberdade” e é a traducción dun libro publicado inicialmente en catalán polo xornalista Xavier Montanyà baixo o título “Pirates de la llibertat” e agora editado en galego por Edicións Positivas, editorial dirixida polo berciano Francisco Macías.

“Piratas da liberdade” narra dende a óptica xornalística, a historia do secuestro do prestixioso transatlántico da Compañía Nacional de Navegación portuguesa, organizado polo movemento autodenominado Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), no que participaron dúas ducias de revolucionarios españoles e portugueses, con dous galegos, o propio Pepe Velo baixo o alias de “Carlos Xunqueira de Ambía” e José Fernandez baixo o alias de Comandante Sotomaior, e un portugués, o famoso Capitán Galvão, á fronte.

O secuestro tiña como obxectivo denunciar ante o mundo a situación de afogamento político e social ó que tiñan sometido os dictadores Franco e Salazar a España e Portugal, para o cal planificaron chegar coa embarcación ás costas de África e, dende Angola, promover un levantamento isurreccional que puidera servir para xerar alimentar o posterior derrocamento dos dous gobernos dictatoriais.

¬VER HISTORIA CLIK AQUI

Comparte!!!

Relacionados