Cineclube Pontevedra: «As pantasmas de Ismael»

Martes, 5 de febreiro as 20:30h no Teatro Principal de Pontevedra. 

AS PANTASMAS DE ISMAEL
[“Les Fantômes d’Ismaël”, Arnaud Desplechin,
Francia, 2017, 135 min.
Lingua: francés]

Ismael (Mathieu Amalric) é director de cinema e está escribindo o guión dun novo filme inspirado na vida do seu irmán, un diplomático que na súa longametraxe vai ser tamén un espía. Leva xa dous anos saíndo con Silvia (Charlotte Gainsbourg), unha astrofísica que coñeceu nunha festa. Considérase viúvo, pois 21 anos atrás a súa esposa Carlota (Marion Cotillard) despareceu sen deixar rastro. A súa vida mudará cando Carlota, de súpeto, apareza cal pantasma.

+INFO CLICK AQUÍ

Comparte!!!

Relacionados