Foto©Porgaliciabaixo
A zona de Cotorredondo cunha altitude de 550 metros sobre o nivel do mar, é un dos máis fermosos parques da zoa e coa mellor situación xeográfica.
A súa gran amplitude esténdese polo territorio de Vilaboa , Marín e Moaña. Nesta parque natural atopámonos co famoso Lago de Castiñeiras, pertencendo a metade a Vilaboa e a outra metade a Marín.
A contorna constitúe unha importante zoa de refuxio e cría para moitas especies de animais silvestres.
O Parque da Natureza de Cotorredondo estructurase ó redor do Lago e os regatos que o alimentan, dando lugar a un espacio singular no que coexisten especies autóctonas con árbores de moi distintas procedencias.
Como área de lecer conta con sendeiros perfectamente definidos, numerosas fontes, parques infatís, mesas e barbacoas en gran cantidade, etc…
Moi cerca, a uns dous quilómetros , álzase desafiante o mirador de Coto Redondo que está totalmente ubicado nos termos de Vilaboa, dende onde podemos ollar a ensinada de San Simón na ría de Vigo e no seu extremo oposto a ría de Pontevedra, podendo divisar tamén a ría de Arousa nos días claros.
O Parque da Natureza de Cotorredondo estructurase ó redor do Lago e os regatos que o alimentan, dando lugar a un espacio singular no que coexisten especies autóctonas con árbores de moi distintas procedencias.
CÓMO IR
Para achegarnos, basta con coller a PO-101 (indicación Castiñeiras), en Figueirido, e subir ata a PO-103.
Fonte texto: Concello de Vilaboa