O Histórico Carballo da Capela de Santa Margarida – Pontevedra

Na súa base un banco de pedra de grandes dimensións apóiase no seu fuste, inclinándose o tronco nesa dirección, parecendo apoiarse no banco.

O fuste está aberto pola metade desde a base ata a cruz, amosando unha enorme fenda na que se observa madeira morta e moitas galerías de insectos cerambícidos. A casca está densamente recuberta por brións, couselos e fentas.
Da cruz, situada a 3,40 m de altura sobre do chan, saen dúas grandes ramas que forman unha copa de grandes dimensións, máis de 21 m de diámetro, máis ancha que alta, que cruza a estrada de acceso á capela.

O seu estado de conservación e sanitario é bastante deficiente, pero está vixiado e coidado. No pasado aplicóuselle cirurxía arbórea e colocáronse tensores para evitar desprendementos. A pavimentación da praza na que medra, a carónda capela, sen deixar suficiente espazo na base da árbore, contribúe a deteriorala. En anos húmidos é atacada polo oídio.
Nas súas proximidades había unha fonte milagrosa, na que se lavaban os leprosos coa esperanza de limparse e curar.
O carballo é testemuña vivente do que foi unha gran carballeira, coñecida co nome de “Carballeira dos Gafos”, é dicir, dos leprosos.

Nome común: Carballo da Capela de Santa Margarida
Nome científico: Quercus robur L.
Provincia: Pontevedra
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente
Lugar: Capela de Santa Margarida
Altura: 18,40 m
Perímetro normal: 8,50 m
Diámetro de copa: 21,35 m
Idade estimada: 500-800 anos


 Fonte: Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia

Comparte!!!

Relacionados