A música ao vivo terá, como é habitual, un protagonismo especial na programación da Semana Santa ao Vivo en Allariz.
O casco histórico encherase de ritmo grazas ás actuacións de rúa dos grupos galegos: Adrián Timms (folk/indie/pop), Banet (indie-pop, funk, synth-pop, psicodelia), Raiceira (folk tradicional), Iván Caride (pop-rock)¡, GarménHarper (tradicional/bossa/clásico/versións) e Sheila Patricia (world music/pop).
Tamén actuará o grupo alaricano Os dous porquiños e o solista Rubén Darío de Prado con versión de distintos estilos musicais. E como novidade, xa que o pasado non puido ser polo mal tempo, incorpórase ás actuacións a disciplina de danza contemporánea coa Licenciada Sotelo.
Dende o xoves ao domingo tanto veciños e veciñas como os/as visitantes a Allariz poderán gozar destas actuacións en horario de 12.00 a 14.00 y de 18.00 a 20.00 horas.