Eduardo Barreiros; O Henry Ford Galego

Eduardo Barreiros Rodríguez (Gundiás, Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense, 24 de outubro de 1919 – A Habana, Cuba, 19 de febreiro de 1992) foi un empresario industrial galego desde os anos corenta até o noventa. É soado pola transformación patentada de motores de gasolina a diésel e pola posterior fabricación de camións e vehículos industriais.

 

A demanda de transformación de motores fai que funde Barreiros Diesel, a mediados dos anos corenta en Ourense, para trasladarse en 1952 a Madrid, onde se establecerá nos terreos que actualmente ocupa PSA Peugeot-Citroën

Configúrase desta forma unha importante e gran factoría de motores e vehículos industriais, converténdose Eduardo Barreiros no maior empresario privado do sector automobilístico español da súa época,  que logra ademais contactos e acordos de asociación con diversas compañías de Europa e Estados Unidos, -todo iso a pesar de moitos conflitos e obstáculos por parte do I.N.I. (INI e ENASA).
Consegue grandes éxitos no campo da fabricación de motores industriais, na de camións, autobuses, tractores, furgonetas, etc.; con todo, non logra unha total penetración no mercado de automóbiles turismos, para o que se asocia coa norteamericana Chrysler, fabricando o Simca 1000 e Simca 1200 e o Dodge Dart.

En 1963 Barreiros asina o acordo coa multinacional Chrysler e, a pesar de que puidese atoparse mediante o mesmo a solución aos problemas financeiros derivados do gran volume de letras polas numerosas vendas a prazos, pronto se demostrou que o verdadeiro interese da multinacional norteamericana era, sobre todo, a introdución dos seus modelos Simca e Dodge Dart no mercado español, aproveitando a infraestrutura de distribución creada por Barreiros.

Foto: http://www.elconfidencial.com/

Establece a súa última residencia en Cuba, onde dirixe o plan de desenvolvemento automotriz e diferentes industrias de automoción.

A industria automobilística necesita de enormes investimentos e economías de escala, a cuxa altura non puido estar Barreiros. No ano 1969, Chrysler toma o control do 100% da compañía, no medio dunha gran polémica. Eduardo Barreiros perde, pois, o control de Barreiros Diésel, dimite como Presidente e asina un acordo polo cal se ve obrigado a pasar un lustro de inactividade forzosa na industria do motor.

Transcorridos uns anos, regresa de novo nos anos oitenta a este mundo -despois de dedicarse a actividades industriais diversas-, constituíndo Diésel Motores Industrias, S.A. (DIMISA), que deseña e constrúe novos motores diesel.
Establece a súa última residencia en Cuba, onde dirixe o plan de desenvolvemento automotriz e diferentes industrias de automoción.

Película da TVG sobre a vida de Eduardo Barreiros:


 Fonte texto: Wikipedia

Comparte!!!

Relacionados