Só faltan tres meses para que comece o espectáculo das competicións do Mundial Multideporte 2019 en Pontevedra. Os mellores especialistas de Duatlón, Tríatlon Cros, Acuatlón, Aquabike y Tríatlon Longa Distancia, daranse cita na cidade galega para intentar acadar os títulos anuais de cada modalidade nunha contorna privilexiada. Na web da Federación Española de Triatlón podes atopar toda a información sobre as competicións: https://bit.ly/2SnN6f1 Tamén está dispoñible na web do evento: https:// pontevedra2019.org/itu
Os circuítos das diferentes competicións están definidos e presentados con todos os detalles posíbeis de cara aos participantes e o público. Para a competición de Duatlón que abrirá a primeira fin de semana, os días 27 e 28 de abril, a información sobre as diferentes distancias, horarios, etc., está dispoñible en: https://bit.ly/2sLKzAb Podes consultar tamén a descrición dos trazados aquí: https://bit.ly/2SnN6f1
As probas de Triatlón Cros celebraranse o día 30 de abril, con natación no río Lérez e espectáculos de carreira a pé e ciclismo na súa contorna natural. Os detalles das competicións as podes consultar aquí: https://bit.ly/2Wj5IQ4 A descrición dos circuítos da disciplina pódese consultar aquí: https://bit.ly/2PUoys8
O 2 de maio terá lugar o Mundial de Acuatlón, con todos os detalles de horarios e enlace ós circuítos e tracks aquí: https://bit.ly/2FOoCcy
Máis información e descrición dos percorridos tamén dispoñible aquí: https://bit.ly/2TnlRl0
O Campionato do Mundo de Aquabike, do que se poden consultar horarios e percorridos aquí: https://bit.ly/2MzwQFG e o Mundial de Tríatlon Longa Distancia, no que Pablo Dapena defenderá na súa casa o seu título de 2018, celebraranse o día 4 de maio. A información do Campionato do Mundo LD está dispoñible aquí: https://bit.ly/2MypxOK e se pode ampliar coa descrición dos trazados aquí: https://bit.ly/2CeBrJ
As inscricións para as competicións do Mundial Multideporte de Pontevedra están abertas a través das Federacións Nacionais de Tríatlon ata o próximo 27 de marzo. @s triatletas con licencia FETRI teñen un 40% de bonificación nas inscricións ata o 31 de xaneiro, e durante o mes de febreiro a bonificación será do 30%.