O mes de marzo agasállanos cun irresistíbel atado de filmes que reivindica a muller. Co noso novo ciclo de cinema Mulleres elas xorden como protagonistas indiscutíbeis diante da cámara, enfiando historias comprometidas que deixan lugar á reflexión. Convidámoste a acomodarte nas dondas butacas das nosas sedes para coñeceres mulleres diversas, brillantes, valentes, rebeldes, con distintas metas, paixóns e intereses na vida.
Entrada de balde ata encher capacidade
FILMES
La librería
Isabel Coixet España 2017 113 min TP
Nunha pequena vila da Inglaterra de 1959 unha moza decide, en contra da educada mais implacable oposición veciñal, abrir a primeira libraría da zona.
Tres anuncios en las afueras (Three Billboards Outside Ebbing, Missouri)
Martin McDonagh Inglaterra 2017 115 min NRM16
Mildred Hayes, unha muller de 50 anos, nai dunha adolescente violada e asasinada, decide pór da súa man a resolución do caso, declarando a guerra contra a policía do seu pobo para que se faga xustiza.
Figuras ocultas (Hidden Figures)
Theodore Melfi EE.UU. 2016 127 min TP
Narra a historia nunca antes contada de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA pola volta dos sesenta ―en plena carreira espacial, e no medio da loita polos dereitos civís da xente negra―.
Muchos hijos, un mono y un castillo
Gustavo Salmerón España 2017 88 min TP
Julita cumpriu todos os seus soños de ter familia numerosa, un mono e un castelo, mais coa crise económica ten problemas para manter o impoñente inmoble. Con iniciativa e tacto consegue manter a familia a flote.
OURENSE
Martes 12 de marzo, La librería
Martes 26 de marzo, Figuras ocultas
Martes 2 de abril, Tres anuncios en las afueras
Martes 9 de abril, Muchos hijos, un mono y un castillo
20.00 h Versión Dobrada ao Español
PONTEVEDRA
Mércores 13 de marzo, Figuras ocultas
Mércores 20 de marzo, Muchos hijos, un mono y un castillo
Mércores 27 de marzo, La librería
Mércores 3 de abril, Tres anuncios en las afueras
19.00 h Versión Dobrada ao Español