San Domingos – Pontevedra

No corazón de Pontevedra, á beira da Casa Consistorial, da Alameda, das Palmeiras, da Deputación e fronte ao Goberno Civil. 
Atópase neste lugar desde 1235 en terreos cedidos á vila por Maior Aras. O que actualmente podemos ver de San Domingos é a cabeceira da igrexa, con cinco ábsidas coas súas respectivas bóvedas, sendo algo curioso en Galicia, onde non se adoita construír máis de tres ábsidas.

A igrexa debeu ser iniciada a principios do s.XIV pero cara a mediados e finais recibe doazóns que lle permitiron emprender obras importantes.
É un conxunto interesante e atípico, no seu interior ademais podemos atopar sepulcros, destacando os de Dona María Álvarez Gómez e o de Don Diego Álvarez de Soutomaior “O Mozo”.

Ao longo dos anos o templo sufriu diferentes circunstancias quedando abandonado a finais do s.XIX; e entón o concello empezou a derrubar dependencias ata que a Sociedade Arqueolóxica e a Comisión Provincial de Monumentos de Pontevedra, logo dunha ardua loita conseguiron deter as derrubas. Posteriormente restaurouse e limpou o resto do recinto, converténdose no xermolo do actual Museo de Pontevedra.

Ao fío disto, comentar que poderemos ver algunhas das pezas do claustro medieval no Museo de Pontevedra, xunto cos de San Francisco.

Documental de 1971

Comparte!!!

Relacionados