Pechamos este mes de febreiro o proximo venres día 22 coa última e impactante película de Matteo Garrone, Dogman.
Cunha maxistral interpretación de Marcello Fonte no seu personaxe protagonista (Mellor actor no Festival de Cannes e nos Premios do Cine europeo).
Unha excelente reflexión sobre a condición humana e os límites da dignidade. Os pases serán neste caso os dous en versión dobrada ao castelán, tanto o das 20:00 como o das 22:30 horas, coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño.