Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra.

 

O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías exteriores e interiores dos templos, a indicar se son totalmente romanicas ou se amosan trazas deste estilo.

¬VER MAPA NA WEB

Segundo explican desde a entidade, esta publicación fai parte do proxecto de elaborar unha a guía do románico da Ribeira Sacra, e quere “axudar a divulgar este patrimonio para valorizalo, conservalo e potencialo como recurso”.

Fuente: Cultura Galega

Comparte!!!

Relacionados