‘Paulina Mestra de Soños’. Traballo – Homenaxe audiovisual. Redondela

Un novo traballo audiovisual preséntase en Redondela, que fala da biografía da mestra Paulina Sánchez Otero (1898-1971), personaxe moi querido na vila de Redondela.

Muller volcada coa educación e o desenvolvemento social da localidade, a mestra Paulina “deixou un rastro de agarimo e recoñecemento polo seu labor didáctico e dinamizador da cultura local, durante anos complicados tanto no social como no educativo. Defínindoa como persoa inconformista e vangardista”, indica a edil de Cultura, Teresa París.

Entre os proxectos que Paulina Sánchez Otero desenvolveu lémbranse obras teatrais ás que sumaba colaboradores “e desde diversos puntos de Galicia achegábanse para compartir aquelas veladas cos máis pequenos, alí levaban a cabo teatro, ballet, recitais poéticos ou zarzuelas, entre outros, e ademais realizábase un traballo solidario importante”.

Mestra Paulina, como se lle lembra, conta aínda hoxe cunha asociación sen ánimo de lucro en recoñecemento á súa persoa, ” As rapaciñas dá Paulina”.

Aquí deixamos o vídeo que o Concello de Redondela encargou sobre ela:

Comparte!!!

Relacionados