Reunión de centros educativos co nome de Curros Enríquez en Celanova

Celanova acolle este mércores, 15 de maio, unha nova Xornada de convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia. Esta actividade, que está organizada pola Fundación Curros Enríquez e na que colabora o Concello de Celanova, pretende reunir periodicamente en Celanova aos alumnos dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa vila natal.

Participarán 150 escolares de 5º e 6º de primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CEIP Curros Enríquez de Ourense e e CEIP Curros Enríquez de Celanova.

Mañá (10:00-14:00): Coñecemento dos autores e da vila de Celanova

Ao longo da mañá os 150 alumnos dos colexios Curros da Coruña, Pazos de Borbén e Celanova participarán no programa de concertos didácticos de órgano que organiza o Concello de Celanova en colaboración coa Xunta de Galicia e realizarán as visitas á Casa dos Poetas onde realizarán a xincana “Faite xornalista con Curros” e visitarán a capela de San Miguel.

En torno ás 14:00 horas será cando se realice un acto conxunto de benvida no claustro barroco no que participarán representantes do Concello de Celanova, da Fundación Curros Enríquez e dos centros escolares convidados.

Tarde (15:30-18:00): Coñecemento dos arredores de Celanova

Tras un xantar de convivencia no claustro barroco do mosteiro, realizaranse visitas a Vilanova dos Infantes e Castromao.

Comparte!!!

Relacionados