O Monte do Facho: Terra Santa Galega

Foto©Porgaliciabaixo

O Monte do Facho (Hío, Cangas do Morrazo – Pontevedra) é moi coñecido polos seus espectaculares vistas, polas súas escavacións, o seu castro, e pola existencia dun santuario galaicorromano. Nos últimos tempos déronse novidades sobre este tema, da man do arqueólogo José Suárez.

O seu traballo fálanos da secuencia cultural desta escavación, comezando segundo argumenta na época do Bronce, asentándose daquela unha poboación no castro; o episodio da época galaicorromana tardía entre os séculos III ó V, e finalmente este monte foi utilizado como enclave de vixilancia costeira pola Coroa Española entre os séculos XVII e XIX. Deste último vestixio, quédanos a garita que podemos ver en perfecto estado no alto do monte.

Na época galaicorromana, construiron sobre as ruínas do castro (duns trescentos anos antes), un conxunto de altares dedicados ao deus Berobreo, crese que a xente da época pedíalle pola saúde.

Foto©Porgaliciabaixo
Foto©Porgaliciabaixo

José Suárez leva a cabo varias excavaciones en diferentes campañas, atopándose nos restos “anomalías”, que non se correspondían cos que se achan normalmente nun castro.

Así foi como na zona do castro, topáronse con estruturas circulares, típicas destas construcións, pero con algo atípico, estaban compartimentadas no seu interior, sen nada que indicase o seu uso e sen que existise ningún tipo de fogar, só atoparon nunha ocasión un horno ou cheminea á que non lle atoparon explicación, sen lumbre e asociada, gravada nela a imaxe dunha serpe.

Apareceron nesa mesma zona máis representacións de animais, como a figura dos “Amarradoiros”, coñecidos na cultura castrexa. Pedras coa finalidade de atar animais; pero curiosamente estas figuras segundo explica José Suárez, non puideron servir para atar aos animais, xa que estarían situadas na parte superior das casas; e ademais estas últimas atópanse moi próximas ou pegadas unhas a outras, co cal sería inviable para o paso dos animais.

A conclusión de José Suárez, é que estas estruturas son pequenos templos dedicados a deuses que teñen que ver cos animais, asociados a xavaríns e carneiros, típicos da cultura castrexa. Pensa que todo o castro en si esta dedicado ao culto:

→Na zona máis baixa as estruturas son maiores para acoller outro tipo de ritos, e a grupos de xente, para banquetes, rituais etcétera.

→Na parte superior as construcións dedicadas a deidades concretas.

→No cume é rechamante a ausencia de materiais da época castrexa.

Foto©Porgaliciabaixo
Foto©Porgaliciabaixo

Así se podería discorrer que os castros que aparentemente parecen lugares nos que vivía a xente, poderían ser lugares ao modo de santuarios para comunicarse cos deuses.

A importancia do estudo de José Suárez radica no cambio de óptica á hora do estudo dos castros:

“Lévase especulando desde hai tempo no mundo da Galia con posiblidade da existencia da OPPIDA (cidades fortificadas) santuario, pero nunca se definiron…

Vai permitir reinterpretar castros escarvados hai trinta ou carenta anos, que de aquela xa tiñan anomalías pero como estaban mesturadas no espazo doméstico ficaban apartadas. Isto vai permitir tamén saber no futuro, cando vas traballar, onde te moves, se nun castro convencional ou noutro dedicado ao culto, ou vas poder indentificar as zonas de culto nos castros”

Video:

Publicado 5 Marzo, 2016

 

Comparte!!!

Relacionados