Sanxenxo participa na #ITUpontevedra19

A feira # ITUpontevedra19 inaugurouse coa presenza dunha caseta de Turismo de Sanxenxo.

Esta feira supón o pistoletazo de saída aos actos paralelos á cita mundialista e por ela teñen que pasar os case 4.000 inscritos entre as cinco probas que compoñen o Mundial, e ademais da zona de rexistro e acreditación onde recollen o seu dorsal e material para as competicións poden atopar unha tenda de merchandising e unha variada oferta turística e de actividades.

Turismo de Sanxenxo montou alí a súa caseta con diferente material promocional en castelán, inglés, francés e alemán, ademais de merchandising e as tarxetas de información NFC.

“Sanxenxo aposta tamén polo turismo de proximidade, porque a xente que vive nas proximidades do municipio poida achegarse a gozar dos diferentes eventos e dos nosos lugares”, destaca Suso Sueiro, concelleiro de Turismo.

Comparte!!!

Relacionados