Aser Álvarez gaña o XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo. Bueu

Aser Álvarez González erixiuse gañador do XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo pola súa reportaxe titulada “Ferrín e a poesía do circo”, publicada no xornal dixital www.adiante.gal, polo que se fará con 1500 €.  

O xurado, conformado por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira de Bueu, e as xornalistas Ana Cabaleiro e Montse Dopico, xustificou a súa decisión en que “como produto xornalístico destaca pola súa orixinalidade e estrutura, así como a relación que establece entre circo, teatro e literatura, ao mesmo tempo que destaca a combinación de xéneros periodísticos”.

Aser Álvarez resultou gañador de entre os vinte traballos presentados ao certame nesta modalidade que ten premiado a autores como Francisco Seoane Pérez, Óscar Curros Moure, Moncho Paz, Cristian López Iglesias, Arturo Sánchez Cidrás ou Antón Lopo María Obelleiro, Montse Dopico, entre outros.

Este concurso naceu coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, e tivo como gañadores na pasada edición a  Daniel Asorey na categoría de poesía pola obra Transmatria, e a Moncho Iglesias pola reportaxe “Corea do Norte: a vida dese outro lado”.

En canto á categoría de poesía, na que concorren cincuenta orixinais, o xurado reunirase nos próximos días.

Comparte!!!

Relacionados