Ábrese o prazo para inscribirse no programa PaiFill@Nai. Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo, desde o Centro de Información á Muller, pon en marcha unha nova edición do Programa Paifill@nai, O programa desenvolverase desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, no CEIP Portonovo.

O prazo para solicitude de praza esténdese desde o vindeiro luns día 6 ata o día 13, ambos os incluídos.

Serán dous os tipos de horario do programa, un amplo e outro reducido. A entrada daqueles que escollan a modalidade de horario amplo será a partir das 8.00 h. ata as 10.00 h. A hora de saída será ás 13.20 h. (sen comedor), ás 14.30 h. (con ou sen comedor) e ás 15.00 h. e 16.45 h. con comedor.

A opción do horario reducido terá como hora de entrada entre as 9.00 h. e as 10.00 h. e as 13.20 h (sen comedor) como horario de saída.

Os prezos para o horario amplo serán de 210€ polos dous meses, 130€ por un mes e 80€ por medio mes. O horario reducido terá un prezo de 140€ para os dous meses, 80€ por un mes e 45€ por medio mes. Ademais, haberá descontos para o segundo e terceiro fillo que solicite praza no programa.

Para máis información, ou para recoller a documentación das solicitudes, pódese acudir ao Centro de Información á Muller, no teléfono 986.72.79.01, ou no correo electrónico cim@sanxenxo.org.

establecemento das relacións sociais, a espontaneidade e a autonomía desde o respecto e os hábitos de vida saudables e o traballo Das emocións. Realizaranse diferentes talleres: de reciclaxe, lectura, cociña divertida, ábaco, inglés, teatro, debuxo, modelare, deportes….

 

Comparte!!!

Relacionados