Conferencia Ourense: “Construtores de monumentos e paisaxes na prehistoria do sudoeste ourensán”

07 de febreiro ás 20:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Xosé María Eguileta Franco ; Doutor en Arqueoloxía, falará sobre traballos arqueolóxicos feitos desde 1980 nos espazos protexidos da Serra do Xurés-Gerês

Presentamos o estado actual do Megalitismo da comarca da Baixa Limia a partir de traballos de investigación realizados a finais da década de 1980 e inicios de 1990: as escavacións realizadas, a distribución dos monumentos polo territorio e as intensas transformacións da paisaxe dende finais do Vº milenio BC. A monumentalidade dos megálitos -dólmenes e túmulos- está ben representada nestas terras que forman parte dos actuáis espazos naturais protexidos da Serra do Xurés-Gerês

Comparte!!!

Relacionados