Mosteiro De San Pedro De Rocas (Ourense)

Foto©Porgaliciabaixo

Atópase no Municipio de Esgos, nun enclave natural privilexiado (Ribeira Sacra).
Este mosteiro ten unha peculiaridade, e é que está escavado na roca, sendo a única igrexa rupestre en Galicia.

A súa antigüidade oficial parece ser que data do ano 573, segundo unha lápida atopada no Mosteiro na que se nomea ao bispo de Ourense Vitimaro, aínda que se cre que o mosteiro é máis antigo, seguramente dos primeiros tempos do cristianismo en Galicia. Atópase no Museo de Ourense, do mesmo xeito que un altar da primeira época do s.XV moi parecido á ARA dos romanos, aínda que sobre a súa antigüidade hai certa controversia situándoos outros estudiosos no s.X.

Cara ao s.XVIII foi sendo paulatinamente abandonado polos sucesivos ataques dos musulmáns, pero Afonso III reanimou a repoboación da zona, estando desde entón baixo protección real e vinculados a Celanova, vivindo o seu máximo esplendor no s.XII.

Consta de tres naves con tres capelas con planta en forma de ferradura. O chan está cuberto de tumbas escavadas en roca (tumbas antropofórmicas). A fachada conformouse a finais o s.XIII e no s.XIV e XV levántase a espaldaña onde se atopa o campanario.

Tamén son vistosas as súas pinturas nos muros do s.XII e XIII, exemplo único do románico galego, nestes murales podemos ver un mapamundi da época.

Vídeo

Comparte!!!

Relacionados