Mosteiro De Santa Clara (Allariz – Ourense)

Foto©Porgaliciabaixo

É un dos claustros maiores de España, con tres mil trescentos sesenta metros cadrados de patio e setenta e dous arcos.
Atópase na bonita localidade de Allariz, é unha das zonas máis coñecidas do pobo, no chamado “campo de Santa Clara”.
Empezou a construírse no s.XIII e XIV, evolucionando e crecendo ata que parece que a súa actividade se retarda un pouco no s.XV, sendo o s.XVI unha época de revitalización con importantes reformas e ampliacións.

A súa igrexa é barroca, e o seu interior, en xeral, austero. A fachada, como non podía ser doutro xeito é de pedra, con Santa Clara á fronte.
Posteriormente na época das Guerra da Independencia, Allariz foi un lugar importante da loita, instalándose os franceses unha vez que caera vencida a localidade, é este mosteiro das Clarisas, e por suposto, de paso saquearon todo o que puideron. A pesar diso segue contando con, polo menos, dous elementos moi famosos, un é a coñecida Cruz de Cristal, o outro a “Virxe Abrideira”, toda ela tallada en marfil, representando o Evanxeo, tallado en miniatura. Foi doado por Afonso X “O Sabio” e Dona Violante.

Vídeo

Comparte!!!

Relacionados