O Túnel do viño galego. “Beber do país”. Pontevedra

A viticultura é un sector estratéxico e o Concello de Pontevedra traballa cos produtores a prol da súa defensa e promoción. Iniciativas como a xornada de debate e análise A viticultura galega ante a encrucillada do 2030 e o Túnel do viño galego. Beber do país que terá lugar no 1º andar do mercado no mesmo día atópanse no marco desta aposta.

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, xunto cos representantes da Asociación Galega de Viticultura-AGV e da Federación Rural Galega (Fruga), Roberto Rivas e Xan Bautista presentaron as dúas citas.

As repercusións das decisións adoptadas na Unión Europea na victicultura galega co horizonte do 2030 que pon en risco a propia supervivencia do sector; as novas elaboracións e a súa integración nas zonas protexidas ou o riscos e oportunidades das castes autóctonas e híbridos son cuestións que serán avaliadas na xornada, A viticultura galega ante a encrucillada do 2030 da man de especialistas e produtores. Un feixe de relatorios que, en opinión de Roberto Rivas, debería servir “para sacar unha posición de país” ao respecto do sector do viño. “Aquí sempre defendemos o territorio e a variedade” fronte a propostas chegadas de Europa e doutras parte do mundo, como Estados Unidos, a prol de viños máis homoxéneos, ou elaboracións ecolóxicas, etc.

A xornada de debate e análise terá lugar no Pazo de Cultura, o 26 de xaneiro, de 9.45 á 14 horas. 

Pola súa banda o Túnel do viño galego terá lugar no renovado 1o andar do Mercado, en horario de mañá (de 12.00 a 14.00 horas) e tarde (de 17.00 a 21.00) horas. A entrada é de balde.

Será a primeira actividade desenrolada no que será o gastroespazo da praza de abastos. “Non se me ocorre mellor xeito de estrear este espazo que cunha degustación de viño galego” indicou a concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías.

O acceso ao Túnel do viño galego é de balde. Nel atoparanse viños de todas as D.O. e IXP de Galicia -arredor de 100 marcas- e tamén novas elaboracións que amosan que a innovación ten cabida.

Comparte!!!

Relacionados