Foto: Ano 2016©Porgaliciabaixo
Como sinxela espectadora, non experta na materia, hei de dicir que ao facer o percorrido por estes lenzos sentín que dalgún xeito conseguía entrar o meu interior, no meu subconsciente, con esa sensación de “que isto me soa”, sóame sí, sóame dos meus soños… retazos que asoman da parte máis recóndita da miña propia consciencia.
Mario Iglesias transmite perfectamente estas “sensacións” na obra exposta, coa súa visión particular como artista e prolixo en detalles, con “monstros” que asoman de augas turbulentas, con resacas do mar embravecidas, con cores e matices envoltos en nebulosas máxicas, con pobos suspendidos sobre arquitecturas imposibles, algún destes últimos chegóueme asemellar a un “robot” sobre o que se vai construíndo toda unha cidade nun tronco que termina rematando nun cume a modo de cabeza, cun pobo de fermosas casiñas rodeado de verde frondoso e bañado polo sol.
Algunha vez escoitei que soñamos en branco e negro, eu non estou de acordo, xa que son unha persoa que soña moito, moitísimo, e ademais lembro en gran parte os meus soños, rememorando e recoñecendo vívidamente as cores dos mesmos.
Agradezo a Mario Iglesias, que esperte esa parte somnolienta que aínda que tamén viva a cor, empéñase en esconderse na brumas da inconsciencia.
Como di o Gran Benedetti:
“…Dale vida a los sueños que tienes escondidos,
descubrirás que puedes vivir estos momentos
con los ojos abiertos y los miedos dormidos,
con los ojos cerrados y los sueños despierto”
Vídeo da Exposición
Publicado o 24 Febreiro, 2016