Proxeción ‘La noche de 12 años’, premiada co Goya ao mellor guión adaptado. Cineclube Carballiño

Venres día 8 de febreiro . Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio Municipal Manuel María.

Esta película uruguaya está protagonizada por Antonio de la Torre, Alfonso Tort  e Chino Darín, e recrea a historia real do cautiverio de tres presos Tupamaros, que foron sometidos en secreto a torturas e aillamento total pola dictadura do seu país durante 12 anos. Un deles era Pepe Mújica, que terminará sendo presidente do Uruguay e un dos políticos máis célebres do mundo.

Sipnose:

Ano 1973. Uruguai está baixo o poder da ditadura militar. Unha noite de outono, nove presos tupamaros son sacados das súas celas nunha operación militar secreta. A orde é precisa: “como non os puidemos matar, imos volvelos tolos”. Tres homes permanecerán illados durante doce anos en diminutas celas onde pasarán a maior parte do tempo atados en silencio, privados das súas necesidades básicas.

Dirección: Álvaro Brechner Guión: Álvaro Brechner Produción: Mariela Besuiesvky, Philippe Gompel, Birgit Kemner, Fernando Sokolowicz Dirección de Fotografía: Carlos Catalán Dirección de Produción: Laura Musso Montaxe: Irene Blecua, Nacho Ruíz Capillas Música: Federico Jusid

“A cinta detense puntual e rigorosamente (…) no silencio duns homes encadeados. Con pulso, o director constrúe a xeografía desolado dun tempo desposuído da súa propia condición de tempo” (Luís Martínez, El Mundo)

“Película de enorme cantidade de tempo detido, de observación minuciosa do desgaste físico e psicolóxico, pero á vez cargada de tensión.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC) “Brechner reconstrúe con notable rigor a historia (…) Sen caer nin na monotonía nin no tópico, atopando o matiz en cada situación (…) con austera intensidade.” (Alberto Bermejo, El Mundo)

+ INFO

http://www.cineclubecarballiño.org

https://www.facebook.com/cineclubecarballino

 

Comparte!!!

Relacionados