D. Estanislao Reverter Sequeiros fillo predilecto da cidade de Ourense

foto: Wikipedia

(Publicado 12 Xullo, 2016)

Estanislao Reverter Sequeiros, “Lalao”, será oficialmente dende este mércores fillo predilecto da cidade de Ourense a título póstumo.
O acto protocolario no que se oficializará ese nomeamento terá lugar no Salón de Plenos ás 12:00 horas, que culminará ás 13:30 horas co descubrimento da placa conmemorativa “Xardíns Estanislao Reverter”, na rúa Concello, ao carón da Subdelegación do Goberno e da escultura dedicada a Reverter, segundo o artigo 18 do Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Ourense.

Con este nomeamento dáse cumprimento ao expediente de honra aprobado polo pleno o pasado 06 de maio.

Estanislao Reverter Sequeiros (1929, Ourense – 3 de febreiro de 1991) tamén coñecido como “Lalao”, foi un piloto de rally, impulsor do Rally de Ourense, director da Escudería Ourense,2 constructor do Renault “Alpinche” e considerado un dos pais do automovilismo en Galicia.

En 2012, vinteún anos logo da súa morte, foi galardonado coa distinción ao Mérito Deportivo de Galicia. Dende mañá mércores, será oficialmente fillo predilecto da cidade de Ourense a título póstumo.

Comparte!!!

Relacionados