Volve a Aña Urbana. Programa. Pontevedra

A praza do Concello será o vindeiro sábado 6 de abril no centro neurálxico da Aña Urbana. Música tradicional – con toque de leghón e sen el- obradoiros, baile, roteiros polas rúas e prazas da zona monumental e como fin de festa un concerto de Pelepau que dará paso ao serán da Aña Urbana con Rexubeiras, Solimán, Grupos da AC Trépia, entre outros. Unha programación extensa e aberta á participación para celebrar o 10 aniversario de Trépia, a asociación que va da man coa Concellería de Festas, na organización da cita festiva.

Unha das novidades desta edición 10 aniversário será a entrega dun premio à mellor actuación dos roteiros da Aña Urbana. O xurado estará composto pola Xunta Directiva de Trépia.

A Aña é un conxunto de ritos e costumes que se desenvolven en torno aos traballos das labradas do mes de abril. Aínda que existen diferenzas dependendo do lugar, comparten uns trazos comúns: o traballo colectivo da terra unido a cantares específicos para a ocasión, e a execución de ritmos tradicionais tocando en sachas e leghóns. Nalgúns lugares atopamos tamén o baile do ramo, no que un mozo saca a bailar ás mozas levando en alto un ramallo de loureiro que se adobía con panos, rosquillas, lazos,…

Programa Aña Urbana 2019

11.00 horas. Apertura da carpa (praza do Concello)

12.00 horas. Roteiros de distintos grupos por distintas prazas da cidade: Peregrina. Curros Enríquez, fronte ao Mercado de abastos, A Leña e praza do Concello

14.30 horas. Xantar

16.00 horas. Obradoiro de regueifas. Con Felipe de Dodro e Rato de Poio

18.00 a 18.30 horas. Obradoiro de toque de leghón. Con Xandre Outeiro

18.30 a 19.00 horas. Obradoiro do baile do ramo. Con Miguel Sotelo

19.00 horas. Obradoiro-presentación Bailescribindo. Con Serxio Cobos

20.30 horas. Concerto PELEPAU

21.30 horas. Serán da Aña Urbana

¬+INFO  CLICK AQUÍ

 

Comparte!!!

Relacionados