Alcaldes cataláns veñen coñecer o modelo urbano de Pontevedra

Pontevedra recibiu  a visita dunha delegación de responsables políticos (moitos deles alcaldes) da Asociació Catalana de Municipis (www.acm.cat) que se trasladaron expresamente á cidade de Lérez para coñecer o seu modelo urbano.

Foi un grupo de doce persoas entre os que se atopa o secretario xeral da asociación e alcalde da Seu d’Urgell, Albert Batalla, e os alcaldes e alcaldesas de Girona, Marta Madrenas; Vic, Fabiana Palmero; Sant Cugat, Carmela Fortuny; o vicepresidente da Diputació de Lleida alcalde de Les Borges Blanques, Enric Mir; o alcalde de Sant Quintí de Mediona, Pol Pagès; o alcalde de Sant Sadurni d ́Arnoia, Josep María Ribas; o alcalde de Sant Climent de Llobregat, Isidre Sierra; e Francina Vila, concelleira de Barcelona.

A súa chegada ao Concello foron recibidos polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, e recibiron unha exposición teórica por parte do director xeral de Urbanismo, Xosé Manuel Tato e do intendente principal, Daniel Macenlle.

Sairon a facer unha visita pola cidade acompañados do propio alcalde, para ver o que previamente lles foi exposto, e resolver na parte práctica as dúbidas que expuxeron no consistorio. Principalmente se interesaron pola xestión do estacionamento na cidade, polos investimentos que foron necesarios para executar toda a transformación urbana ou se se percibiron axudas doutras administracións.

Logo dunha comida oficial, os alcaldes percorrerán a cidade para comprobar os estacionamentos de bordo ou a xestión do tráfico da man do intendente principal, Daniel Macenlle.

Na xornada tamén estiveron acompañados por Ana Montalbán, secretaria técnica da asociación de concellos Ciudades que Caminan, que está de visita na cidade.

Comparte!!!

Relacionados