A programación de Maio Mes da Lingua quenta motores cara a celebración do Día das Letras Galega, adicado neste ocasión á vida e obra de Antonio Fraguas. Serán tres días de actividades -dende mañá martes ao xoves- que inclúen unha conferencia, un programa de radio, cinema, unha sesión lectora e mesmo unha carreira, iniciativas todas elas co obxectivo de normalizar o uso da lingua na infancia e mocidade e na xente en xeral.
Maio Mes da Lingua é un proxecto da Concellería de Normalización Lingüística , dirixida por Alberto Oubiña, que promove o uso e a valorización da lingua dun xeito lúdico e formativo.
Programa:
MARTES 14 DE MAIO
- Conferencia A vida e a obra de Antonio Fraguas; por Malores Villanueva Gesteira Ás 20.30 horas no local social do Burgo Organiza: Concellaría de NL e Asociación Sociocultural O Burgo. Colabora: Editorial Galaxia
MÉRCORES 15 DE MAIO
- Programa de radio especial das Letras Galegas: As Letras na Onda Ás 12.30 h, en directo desde o IES Valle Inclán Organizan: Concellaría de NL e Onda Cero Radio Colabora: IES Valle Inclán
- Cinema Trinta lumes (Diana Toucedo, 2018, 80 min., VO.) Ás 20.30 horas no Teatro Principal
Entre o documental e a ficción, Trinta lumes transcorre nunha aldea da serra do Courel, onde «a vida non remata, senón que se transforma noutra cousa». O filme acompaña as rutinas diarias das súas xentes, tratando, ao tempo, de captar o imperceptible para o ollo humano. Nesta aldea vive Alba, unha moza de trece anos que quere descubrir o descoñecido, o misterioso e fascinante da morte. Coma tantas e tantos adolescentes, quere comprender aquilo que a rodea mais que non se revela de xeito evidente. A canda o seu mellor amigo, Samuel, entra en casas abandonadas, percorre lugares destruídos e adéntrase no interior duns montes que agochan un mundo paralelo. Unha viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte. Organizan: Cineclube Pontevedra, CGAI e Concellaría de NL Concello de Pontevedra.
XOVES 16 DE MAIO
- Correlingua A partir das 10.30 horas na praza da Ferraría Organizan: Concellaría de NL, AS-PG, CIG-Ensino, A Mesa e ENDL dos centros de ensino. + info www.correlingua.org
- Sesión lectora Poemas e contos breves populares arredor de temas claves da etnografía galega. Lectura e comentarios sobre os textos coa intervención libre do público asistente Ás 20.00 horas no local social do Burgo Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo
Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo. Colabora: Concello de Pontevedra