Entroido de Bueu. Programa e prazos dos premios

O Entroido de Bueu vén ateigado de actividades para todos os públicos, cun intenso protagonismo para os colectivos, asociacións, asociacións de nais e pais e comparsas da vila que colaboran na programación desta edición. Así o salientou a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, na rolda de prensa celebrada este martes no salón de plenos da Casa Consistorial, nun acto no que estivo acompañado polo alcalde da vila, e polos diversos colectivos.

O Entroido deste ano dedicarase a Silvino Dopazo “O Cimarrón”, unha das persoas máis destacables no impulso desta festa, xa que foi fundador da comparsa As Pirilleiras no ano 1963.

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA ENTROIDO

Aberto o prazo para os premios do Entroido

Por outra banda, o Concello de Bueu mantén aberto o prazo de inscrición nos premios de Entroido ata o 28 de febreiro. Os premios repartirán 6000 e, ao igual que na pasada edición, as agrupacións de máis de quince compoñentes recibirán unha cantidade fixa por participar. Concretamente, destinaranse 350 euros ás comparsas de Bueu que formen parte dos actos programados ao longo de todo o Entroido, 150 euros para as agrupacións de Bueu que participen no desfile do Enterriño da Sardiña e teñan máis de quince compoñentes, e 120 euros para aquelas que participen no Enterro do Paxaro de Mal Agoiro e estean compostas por máis de quince persoas.

A maiores, estableceranse os seguintes premios para os participantes no Enterro do Paxaro de Mal Agoiro: premios ás comparsas de Bueu (100 euros para o 1º e 50 euros para o 2º), premios ás agrupacións de máis de 15 compoñentes (1º dotado con 250 euros, o 2º con 175 euros, e o 3º con 100 euros), premios ás agrupacións de entre tres e quince compoñentes (100 euros o 1º premio, e 80 euros o 2º), premios ás parellas (100 euros o 1º premio, e 80 euros o 2º), e premios individuais ( 80 euros o 1º e 50 euros o 2º).

Comparte!!!

Relacionados