O primeiro amor de Picasso, unha ourensá coruñesa

Nas biografías de Picasso, adóitase falar de todos as súas mulleres, en moitos casos ou case sempre, coincidentes cos seus modelos; unha especie de relación sexo-arte apuntan algúns expertos na obra do xenial pintor.

Pero é aquí onde nos detemos, para falar, ao parecer do primeiro gran amor de Pablo Picasso, sendo moi novo.

A familia Ruiz Picasso residiu na Coruña desde os 9 aos 13 anos de vida do universal pintor, concretamente na Rúa Payo Gómez 14, actualmente Casa Museo de Picasso.  

Moitos expertos de Picasso apuntan a que a obra La muchacha de los pies descalzos, é a nena  Ángeles  Méndez Gil.

A estrutura da casa consérvase como cando vivían nela, é así destacable a galería da parte posterior, onde o pequeno Pablo pasaba horas, debuxando quizá as pombas que tan significativas foron na súa obra. Contan que esta galería que dá un baño cunha pequena xanela, era a utilizada, pola súa nai María para chamalo, cando o seu fillo estaba entretido xogando na próxima Praza de Pontevedra.

Neste contexto o pequeno pintor coñece aos nena Ángeles Méndez Gil, que era filla do avogado Eduardo Méndez Brandón e de Filomena Gil de Acuña. Entran en contacto ao parecer a través de frecuentar un lugar común, o Instituto Eusebio da Guarda, ao que Ángeles acudía cunha amiga filla dun coñecido médico coruñés.

Foto: Instituto Eusebio da Guarda / Wikipedia

Aínda catro anos despois de vivir en Barcelona, Pablo Picasso plasma o nome de Ángeles nos seus cadernos de debuxo. Evidentemente isto mostra que non a esqueceu tan fácilmente, e que sufría por ese primeiro desengano amoroso.

Ao parecer Pablo Picasso preadolescente escribía o nome da nena nos seus cadernos de estudos, feito que á familia da nena non lle gustaba, xa que era un mozo que por aquel entón consideraban sen importancia. Á nena Ángeles enviárona a estudar a Pamplona.

Aínda catro anos despois de vivir en Barcelona, Pablo Picasso plasma o nome de Ángeles nos seus cadernos de debuxo. Evidentemente isto mostra que non a esqueceu tan fácilmente, e que sufría por ese primeiro desengano amoroso.

Moitos expertos de Picasso apuntan a que a obra La muchacha de los pies descalzos, é a nena  Ángeles  Méndez Gil.

Esta nena como dixemos ao principio era filla de Eduardo Méndez Brandón; e este á súa vez era pertencente a unha importante familia ourensá.

Sobriño de Daniel Modesto Brandón e irmán de Emilio Méndez Brandón. Avogado en Celanova. Foi elixido deputado polo distrito de Celanova nas eleccións de 1873 como posibilista.

Marchou despois a Vigo, onde foi xuíz municipal. Finalmente instalouse na Coruña, onde abriu un despacho.

Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña (1902-1914) e vicepresidente da Comisión provincial. Colaborou en El Ideal Gallego.

Comparte!!!

Relacionados