Nos vindeiros días sairá publicada no Boletín da provincia e os interesados terán un prazo de 15 días hábiles para solicitar a axuda.
A contía global da subvención é de 142.000 euros.
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a liña de subvención para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva no concello de Pontevedra, denominadas, Escolas deportivas. É a subvención da anualidade en vigor 2018-2019 para a que existe unha partida de 142.000 euros, repartida en:
- Escolas deportivas: 108.000 euros
- Actividades deportivas realizadas polas Anpas dos centros de ensino do rural: 24.000 euros
- Actividades deportivas desenvoltas por grupos especiais: 10.000 euros.
Nos vindeiros días estas bases sairán publicadas no Boletín da provincia de Pontevedra, e dende ese momento as entidades terán un prazo de 15 días hábiles para solicitar a subvención.
O número de rapaces e rapazas beneficiados con estas subvencións serán:
- 1.800 no caso das escolas deportivas
- 600 no das parroquias
- Sen límite nos grupos especiais.
Ademais, a subvención por alumno é de:
- 60 euros no primeiro grupo
- 40 euros no segundo grupo
- en función do número de matriculados (até esgotar a partida).
Estas axudas están pensadas para a promoción da actividade deportiva entre os nenos de 6 a 14 anos, de Educación Infantil até a ESO.