Primeira edición do Campus Castelo de Baloncesto. Allariz

Allariz acollerá dende o 28 de xullo ao 3 de agosto o seu primeiro Campus Castelo de Baloncesto onde os/as participantes gozarán dunha semana chea de adestramentos e actividades lúdicas.

O tema principal do campus, dirixido a  nenos e nenas que nacesen entre os anos 2002-2009 (ambos incluídos), será o baloncesto, tentando que os/as participantes coñezan e melloren aspectos do xogo. Ademais haberá tempo para coñecer Allariz e realizar outras actividades de ocio e lecer, xuntanzas nocturnas e espazos para crear novas amizades e experiencias con compañeiros/as de diferentes lugares.

O campus ofrece dúas modalidades, réxime externo e réxime interno con hospedaxe no cámping “Os Invernadoiros”. As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición en: https://campusbaloncestoallariz.org/.

Comparte!!!

Relacionados