Historia da Festa Mexicana de Avión

Esta festa xurdiu como unha homenaxe a todos os emigrantes do Concello, fose o que fose o país no que viviron. Sen embargo, e dado que a maior porcentaxe destes emigrantes reside en México, a este país en particular se adicou a festa.

O que se pretende con esta iniciativa, é dar a coñecer unha parte da cultura dun dos países latinoamericanos con máis proxección internacional, ó tempo que sirve como vehículo eficaz para agradecer a esta Nación a receptividade e o cariño có que acolleu a tantos galegos e, entre eles, a tantos veciños de Avión.

Gracias a esta festa, moita xente, e en especial veciños de toda a Comarca, poden coñecer parte da cultura gastronómica, musical e histórica de México. A esta festa asisten varios dos mellores restaurantes de comida mexicana de Galicia, que ofertan ós asistentes distintos tipos de “antojitos”, ambientado todo, coa música inconfundible de varios grupos de mariachis.

Para os nenos tamén hai actividades, dende romper a típica piñata, ata talleres para ensinarlles a confeccionar un “papalote”, xoguete típico mexicano moi semellante a unha cometa, a crear cadenas de papel, flores de cores, manteles en papel china, etc.

Trátase dunha festa única neste ámbito en Galicia.

Vídeo


Fonte: Fundación Avión 

Comparte!!!

Relacionados