Día de Rosalía no Concello de Bueu

Os actos centrais serán este domingo, 24 de febreiro no Parque Ramal dos Galos, onde terán lugar unha lectura pública da obra de Rosalía, un obradoiro de creación de chapas e un concerto de Xardín Desordenado.

O Concello de Bueu únese aos actos de celebración polo Día de Rosalía. Os actos centrais serán este domingo, 24 de febreiro, a partir das 11.30 horas no Parque Ramal dos Galos, onde terá lugar un obradoiro de creación de chapas con frases da obra rosaliana, unha lectura pública e rematarase cun concerto de Xardín Desordenado, titulado precisamente “Rosalía entre outras”.

As actividades están organizadas polo Concello de Bueu coa colaboración da Deputación de Pontevedra e nelas poderán participar tanto a rapazada como as persoas máis maiores. O obxectivo é achegar a obra de Rosalía de Castro dunha forma amena e diversa, e por iso o espazo elixido para os actos é o Parque Ramal dos Galos, un lugar que se está recuperando por parte do goberno local, e no que se combinan o xogo co pracer pola lectura dada a súa situación próxima á Biblioteca Municipal Torrente Ballester.

Comparte!!!

Relacionados