Seguen as obras do Camiño das Salinas e a Praia de Canelas. Sanxenxo

A actuación que mellorará substancialmente o Camiño As Salinas continúa a bo ritmo e estará terminada nos próximos días. O camiño de As Salinas é un paso, duns 500 m de lonxitude, que conecta o núcleo da Revolta coa zona da Lanzada.

Na actualidade prodúcense continuas inundacións no viario os días de choiva e ademais o firme, debido maioritariamente á súa antigüidade, atópase nun estado de considerable deterioración, con importantes fochancas e roturas no pavimento.

A mellora das condicións deste viario permitirá que as persoas que o utilicen diariamente, sexan veciños ou visitantes, poidan facelo de forma segura e póidase poñer fin aos problemas de inundacións mencionados.

Ademais, o acondicionamento deste paso, permitirá unir o paseo que transcorre polo litoral do municipio, paralelo á PO-308, cunha zona na que residen e visitan un número elevado de persoas. Búscase tamén, garantir en todo momento a seguridade do peón, que con esta última actuación permitirá conectar 4 praias da zona mellorando a accesibilidade ás mesmas.

Praia Canelas

Outra actuación que se está levando a cabo estes días, por parte do Servizo Provincial de Costas, é a instalación dunha pasarela elevada que de acceso á Praia de Canelas.

Ata o momento os usuarios da praia, utilizaban esta zona de acceso sobre a duna. Agora para unha protección do espazo dunar e para facilitar que as persoas poidan seguir entrando á praia por esa zona, solicitouse a Costas, a instalación deste paso elevado, que garanta a seguridade dos transeúntes e a protección da zona.

 

Comparte!!!

Relacionados