- urza exporá a súa obra -unha no Café Moderno dende o 25 de xaneiro até o 8 de febreiro, unha metáfora da anguria
- O coñecemento, primeiro chanzo para combater o estigma e o risco de exclusión das persoas con patoloxías mentais
Profundar no coñecemento da situación da saúde mental, da poboación en xeral e das persoas en risco de exclusión social (sinteitos, persoas con adicción…) e ao tempo poñer en valor o traballo das persoas con enfermidade mental son quen de levar adiante unha vida normalizada. Un dobre obxectivo que vai da man da arte e dun programa de relatorios-debate no proxecto “Fóra todo o estraño”, que promove a Concellería de Benestar Social Municipal da man de Taller Aberto e coa colaboración de Afundación.
A concelleira de Benestar Social, Anxos Riveiro, presentou hoxe o proxecto poñendo o foco na necesidade de levantar o manto para “visibilizar a enfermidade mental, coñecela, reflexionar sobre ela e combater o estigma e o risco de exclusión social das persoas con patoloxías mentais”. Ao seu carón África Martínez, de Taller Aberto e Paloma Vila de Afundación
A arte xoga un papel fundamental no proxecto. A mostra Fóra todo o estraño do artista urza, que interpreta a obra de Samuel Beckett como metáfora da anguria do diferente na sociedade contemporánea, guiará a reflexión e arroupara os relatorios do programa que terán lugar na sala de exposicións do Café Moderno.
A mostra poderá verse dende o 25 de xaneiro -a inauguración será ás 19.00 horas- até o 8 de febreiro. Estará aberta ao público no seguinte horario: De luns a venres, de 17.30 a 20.30 horas. Sábados, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 horas ás 20.30. Domingos e festivos estará pechada.
África Martínez explica que urza autorretrátase na súa obra como personaxe anónimo pechado nun cuarto sen ocos, cedendo o seu corpo ao colectivo da diversidade psíquica, que abarca un amplo espectro. É a súa unha obra escura que convida á reflexión.
Este escenario, a sala de exposicións, acollerá os relatorios dos especialistas que abordarán distintos aspectos da enfermidade mental. Son charlas abertas ao público en xeral.