Ábrese o prazo para inscribirse en doce cursos gratuítos de informática da Aula CeMIT. Ourense

A aula CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) de Ourense, emprazada no centro de coñecemento de La Molinera, abre este mércores, 23 de xaneiro, o prazo de inscrición para 12 cursos que se impartirán entre os meses de febreiro e abril. Todos eles son gratuítos, están dirixidos a maiores de 16 anos e ofrecen cada un deles un total de 20 prazas. As persoas interesadas poden inscribirse no espazo web de La Molinera, www.lamolinera.net; ou na web cemit.xunta.gal/centro/55.

Os cursos están encadrados en tres áreas: Innovación Social Dixital; Nova Empregabilidade e Tecnoloxía 4.0, co gallo de cubrir diversos aspectos nos novos sectores nos que se está a desenvolver unha maior oferta de emprego. Pero tamén facilitarán aos alumnos o uso básico das novas redes no seu día a día ou en cuestións como a realización de trámites oficiais ou as compras a través de Internet.

Comparte!!!

Relacionados