O Concello de Allariz e a Confederación Hidrográfica Miño Sil acordan o levantamento do pasal do Briñal

O Concello de Allariz e A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil colaboran na reconstrución do paso fluvial sobre o Arnoia, no Briñal.

A crecida do río Arnoia, ao seu paso por Allariz, levouse por diante as pedras do pasal do Briñal a primeira fin de semana de febreiro a causa da auga descargada polo temporal.

O Concello de Allariz, que xa advertira desta situación á Confederación Hidrográfica Miño-Sil dada a acumulación de  maleza e troncos secos na zona, realizou as xestións oportunas con este organismo para a inspección do lugar e o futuro levantamento do pasal.

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o presidente da Confederación, José Antonio Quiroga, reunidos tralo suceso, acordaron a reconstrución da ponte do Briñal. A Confederación comprometeuse a colaborar có concello é acordaron a reconstrución do pontón a partires do momento no que o nivel das augas permita traballar con seguridade.

O organismo do Miño-Sil xa anunciara, o pasado 30 de xaneiro, o inicio de actuacións en dous tramos de río, unha primeira zona, desde as inmediacións do centro escolar de Allariz ata a Ponte de Vilanova e a contorna das piscinas municipais, e unha segunda zona,  á altura do complexo deportivo do Seixo e que finaliza augas abaixo do “ Muíño do Briñal”, que incluía, entre outros traballos, a retirada dos troncos retidos polo paso fluvial.

Comparte!!!

Relacionados