Sétima Feira. Nova cita 11 de maio. Pontevedra

Chega o segundo sábado de mes e con el unha nova cita con Sétima Feira no 1o andar do mercado de abastos. Moda, deseño e arte e tamén música, gastronomía e obradoiros para nenos e nenas converterán encherán de vida este espazo o vindeiro 11 de maio, de 11.00 a 15.00 horas.

A participación no fervedoiro creativo infantil é de balde mais con previa inscrición a través do enderezo setimafeira@pontevedra.gal ou por orde de chegada. Neste ocasión os nenos e nenas, de 6 a 12 anos, enfrontará a gravación de spots publicitarios de produtos da praza de abastos. Haberá catro quendas de 45 minutos cada unha: ás 11, 12, 13 e 14 horas.

Os postos que exporá e porá a venda os seus produtos son os seguintes

  • Armonet
  • Amorote printing workshop
  • Ceibe Handmade
  • Aída Donoso
  • Estrellas o limones
  • Jerolas
  • Jorecreques ” arte con mis manos”
  • JOSE BARREIRO ART
  • Leónlagata
  • LOIRA
  • Milena Colella
  • PAPP UV
  • Racataplan
  • Semente Pontevedra

Por outra banda a música de Joao Tomba e a ”pinchada” de O Fillo de Fiusa arroupará o mercado de moda, deseño e arte no que tamén ten cabida a gastronomía.

Sétima Feira é unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica e da Cidade, dirixida por Anabel Gulías que ten como finalidade dinamizar a escena creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre os creadores emerxentes e o comercio local.

Comparte!!!

Relacionados