I Escola Sexolóxica de Verán: “Educación Sexual sen medo”. Allariz

O Concello de Allariz, a través do departamento de Igualdade e a colaboración do Instituto de Sexoloxía Incisex, organiza a  I Escola Sexolóxica de Verán en Allariz: “Educación Sexual sen medo”.

A Escola, que terá lugar durante os días 17,18 e 19 de xullo, xorde da necesidade, segundo explica a técnica Ana Cardoso, “de debater e cuestionar a educación sexual en torno á adolescencia, como forma de aportar coñecemento que nos achegue a unha comprensión amable e a unha intervención o máis comprensiva posible, fuxindo de ideas antigas para aplicar en contextos modernos, que en moitos casos veñen dende lugares máis achegados á moral que ao coñecemento.”

Profesionais como Efigenio Amezúa, Samuel Díez Arrese e Almudena Herranz, entre outros, participarán na Escola aportando o seu coñecemento.

Para solicitar información e/ou inscricións no teléfono: 988554059

Comparte!!!

Relacionados