Exposición fotográfica ´Potiños sobre o Entroido Ribeirao’. O Carballiño

Dezaséis fotografías de integrantes da Asociación Fotográfica O´Potiños sobre o Entroido Ribeirao, conforman unha mostra que se abriu  no concello e que permenecerá ata o remate do entroido e da Festa da Cachucha, o 10 de marzo.

Esta exposición, que poderá visitarse de luns a sábado, complementa a programación cultural do Entroido e da Festa da Cachucha no Carballiño, que comezará oficialmente o venres 1 de marzo coa Ruta das Tapas e a Festa Vaqueira de disfraces, e que, tras sete días de actividades, culminará o domingo 10 de marzo coa celebración da 25 Festa da Cachucha.

O Entroido Ribeirao, da zona de Chantada, ten como características principais as chamativas cores dos traxes e tocados, e conserva figuras ancestrais cuxas vestimentas e máscaras están confeccionados con pel e outras partes do gando vacún.

Comparte!!!

Relacionados