IV Maratón de Mus Cidade de Pontevedra

O Pazo de Cultura acolle mañá sábado 6 de abril o IV Maratón de Mus “Cidade de Pontevedra”. O Torneo está organizado pola Asociación Provincial de Mus “Rías Baixas”.

Un total de 50 parellas pontevedresas e chegadas de toda Galiza participan no campionato que arranca ás 10.00 horas. A entrega de premios está prevista arredor das 21.00 horas.

Os premios inclúen 1 praza directa ao Máster Nacional de Mus que terá lugar en Barcelona no vindeiro novembro, con gastos de inscrición e hotel. Ademais haberá 3 prazas ao Campionato Galego que terá lugar en Ourense a finais de setembro, tamén cos gastos de inscrición e hotel pagados. A maiores maiores trofeos e premios variados para as mellores parellas clasificadas.

Arredor do 30% dos muslaris son mulleres e 10 parellas son de Pontevedra, que presenta varias parellas mixtas o Torneo.

Comparte!!!

Relacionados